Youtube é gratis
Ter unha canle en Youtube non custa nada. Refírome a cartos. Colgar vídeos alí leva pouco tempo. E facelos, para unha produtora ou canal de televisión xeralista, non debería ser un problema. Por iso, porque é gratis (la pela es la pela, pero anque non fora), a Televisió de Catalunya non ten inconveniente en colgar os vídeos que fagan falta para promocionar os seus programas-estrela. Non miro a ninguén, pero non é tan difícil tomar exemplo.
Nin, insisto, tan caro.
Por outro lado, vin algo da estrea da Masía e pareceume máis aburrida cá nosa casa. Pero claro, en catalán non se pillan todos os matices.
En andaluz directamente non se pilla nada.


5/11/2007 02:47
A Galega colga os videos dalguns dos seus programas, botade unha ollada aqui… http://wap.crtvg.es/TVG/acarta.asp?prog=258
5/11/2007 10:34
Sabémolo, Wells
Só dicimos que preferimos a todas luces o sistema Youtube: é áxil, podes colgar os programas enteiros ou só secuencias especialmente interesantes, pódese ver en calquera plataforma sen necesidade do Windows Media Player, e sobre todo, podes compartir ese vídeo cos demais. Lembrade que a gran revolución, e a clave do éxito do Youtube, é que se podían pegar os vídeos en calquera sitio e dese xeito chegaron a moita máis xente. O que non entendemos é como a TVG non aproveita esa ventana igual que fan outras cadeas como Cuatro, Antena 3, TVC ou a mesma TVE.
En conclusión: non hai que conformarse só con estar en internet (hoxe en día está calquera), senón facer unha comunicación en internet de calidade para que chegue a canta máis xente mellor. E insisto en que non é unha cuestión de cartos.