Queres unirte ao teleclube?

O home de Neda

George A. Romero

«Creo que alguna vez vino a ver a Ferrolterra a dos de sus tías, que ya están muertas, pero esto no lo podría confirmar»

Guillermo Escrigas, curmán da nai do artista e flamante director do CGAI.

Así, a camiño entre a realidade e a ficción (que máis ten), reivindícanse as orixes galegas de George A. Romero, o pai das pelis de zombies e do terror moderno -así foi reivindicado estes días no Festival de Sitges- dende que en 1968 estreara Night Of The Living Dead. Para quen teña unha hora e cuarto e ganas de vela por primeira ou quinta vez, velaquí está enteira.

E pódena ver de balde sen sentirse culpábeis: a película pertence ao dominio público debido a unha neglixencia do seu primeiro distribuidor para os cines, que esqueceu poñerlle o aviso de copyright, imprescindible daquela para reclamar os dereitos dunha obra. Como ven, o filme sobreviviu a este percance, e de que maneira. Se non teñen paciencia, vexan un trailer.

O CGAI quere agora aproveitar o tirón e os lazos familiares para dedicarlle un ciclo e traelo aquí, e de paso que diga o pregón da festa do pan de Neda, ou algo así. As cualidades publicitarias do xa noso cineasta quedaron demostradas neste anuncio de Calgon, no que por sorte Romero non renunciou ao seu estilo.

E si, eu tamén mataría por unhas lupas así.

5 Comentarios a “O home de Neda

Deixa un comentario