Queres unirte ao teleclube?

Queres que aposten por ti?

Dragon’s DenSó tes que demostrar o que valen os teus proxectos. O programa Dragon’s Den, da BBC, conseguiu a incríbel forma de combinar emprendemento empresarial, realiti, e que ademais sexa moooi divertido. Cinco investidores privados teñen unha certa cantidade de diñeiro pra meter en proxectos (mormente inventos) que lles enchan o ollo. Os inventores compiten por convencer uns implacábeis investidores que, loxicamente, lles fan todo tipo de preguntas, moitas delas esmagadoras, sobre a viabilidade do proxecto: teño fontes que din que eses experimentos de baleiro xa se conseguiron en Xapón hai dez anos, é verdade? posúe vostede a patente pró mercado internacional? e quen diaño querería un motor eléctrico que funcionase con cacao? E os investidores, ademais, compiten entre eles porque, claro, queren facerse ricos, e botan farois, e pican os outros pra que aposten todo por unha máquina pra limpar sandalias.

Un comentario a “Queres que aposten por ti?

  • 1
    Chimpín
    3/11/2007 03:26

    Pois mira ti que hoxe vin un capítulo de IT Crowd no que ian a ese programa e voume enterar aquí que realmente existe e de que vai!

    Obrigado.

Deixa un comentario