Queres unirte ao teleclube?

As setenta

Mentres agardaba a que unhas visitas marchasen prá cama e me deixasen durmir na sala, estiven vendo un pouco póquer na Five (unha canle privada xeneralista analóxica en aberto). E pensei, por que non retransmitir na TVG campionatos de tute subhastado? Identifiquei algúns problemas pra que os tanques de pensamento lle dean ao caletre:

  • Rei de ouroso póquer, na versión que se xoga prá TV, é bastante lento. Repártenselle dúas cartas a cada un dos xogadores, que miran e pousan sobre un vidro transparente, cunha cámara debaixo. Así os telespectadores coñecen todas as mans. Fan apostas, a banca saca tres cartas comúns pra que eles liguen, fan apostas de novo, e a banca saca dúas cartas máis. É un proceso lento (uns 3 minutos de xestos), onde só interveñen 13 cartas como moito (catro xogadores + banca). E ademais as cartas poden ser vistas na mesa mediante o cristaliño.
  • existe un circuíto de póquer, o Grosvenor, na vida real, que funciona como un enganche: se houbese un Subhastado Galicia Tour que fose polas vilas seleccionando campións e campioas, ver despois uns paisanos barallando diante das cámaras podería resultar máis interesante.
  • o póquer ten unha importante presenza no mundo virtual: o negocio do póquer en rede move moita pasta de nososeñor, e é un patrocinador xenial prás retransmisións televisivas.

Agora só hai que crear as solucións…

8 Comentarios a “As setenta

  • 1
    Chopped de Vega
    5/11/2007 12:36

    No texas Hold’em temos superestrelas, como María Maceiras, coruñesa, e Julio Pollán, de Muimenta ;).

  • 2
    cesare
    5/11/2007 12:44

    Correcto, Chopped, pero con dous paisanos, ou don 12, non se fai un programa de tv… Do que se trata é de que haxa unha masa de público que poida empatizar, non?

  • 3
    Chopped de Vega
    5/11/2007 13:01

    Non sei se ven ou non a tele, e tamén sei que é unha estimación totalmente subxectiva, pero atopei cantidá de galegos xogando ao Hold’em en Internet. Non me parece que pase o mesmo co Black Jack, por exemplo, aínda que os sábados estean cheas as mesas do casino da Coruña. Sei que non falamos do mesmo target pero aí queda a miña apreciación. En Intereconomía (TDT CAM) poñen o UK Poker Open os venres á noite.

  • 4
    cesare
    5/11/2007 13:12

    Se hai cantidade de galegos que soguen hold’em en internet xa mudaría o conto… Cre que hai suficiente masa como pra que o xogo pase do virtual ao real?

  • 5
    Chopped de Vega
    5/11/2007 13:44

    Creo que non. O xogo ten mala publicidade. Provoca ludopatía esponxiforme bovina e outros males. Salvo os García-Pelayo[1], e os propios xogadores non creo que ninguén mire con bos ollos o poker. Por iso, xogar dende a casa, con diñeiro real, creo que é virtual a medias. Non tes que poñer lentes de sol para xogar e se cres que descubriches o teu xogo podes facer outra conta con outro alias. Ademáis, na maioría, non funcionan eses rexistros que teñen os bingos e casinos para non deixarte entrar por orde xudicial ou porque pediches estar nel. Os pais xa se teñen queixado da publicidade[2]. Nos campionatos “reais” en realidade os participantes son “virtuais habituais” á caza de gorentosos premios.

    [1] Alguén sabe se son os mesmos Garcia-Pelayo que os de Korpa? :D
    [2] La AUI requiere a la Comisión Nacional del Juego una “mayor claridad” sobre la publicidad de casinos ‘online’

  • 6
    Chopped de Vega
    5/11/2007 13:51

    Por certo que o que si hai é posibilidade legal. As competencias do xogo están transferidas.

  • 7
    orsinia
    5/11/2007 13:53

    [1] Sempre me preguntei o mesmo :D . A min dáme que si, uns Pelayos coma outros andaban no choubisnes.

  • 8
    Chopped de Vega
    5/11/2007 13:58

    Logo Ángela Portero é a raíña de corazóns

Deixa un comentario