Queres unirte ao teleclube?

Posts publicados en Novembro de 2007

O que xurdia

O que xurdaHai uns meses, a prensa marxinal gratuíta (e despois a menos gratuíta) facíase eco do que estaban a argallar uns rapaces gais de Valencia: unha microserie de ficción ao xeito de Queer as folk, titulada ‘Lo que surja‘. Ou sexa, un grupiño neste caso de adolescentes que nos contan por que non ligan, cómo gravan vídeos porno e se chantaxean entre si ou que problemas teñen pra saíren do armario en familias conservadoras. A súa distribución, por suposto, unicamente a través de internet. Mais iso está a mudar.

Seguir lendo »

Mockumentary meets High School

E dá como resultado Summer Heights Light, a telecomedia (como me gusta esta palabra) que arrasou este outono en Australia, da man da ABC. Como dicimos no título, esta serie xunta a parodia de calquera serie de instituto co falso documental ao estilo de The Office ou Larry David. Se a isto lle sumamos o xenio dun actor capaz de interpretar os tres protagonistas, unha realización moi próxima aos videoblogs de adolescentes, e un propio videoblog no sitio oficial da serie, temos un hype seguro. E un camiño que non tardarán moito en experimentar as televisións de aquí, a ver con que sorte.

Para afondar no concepto aproveiten os dez magníficos exemplos que puxeron esta fin de semana no ADN para celebrar a estrea de Redacted.

O caso Quarterlife

E atención á noticia da semana: hai uns días comentabamos aí á dereita que os creadores de Trinta e Tantos e Esta é a miña vida pasaban da industria televisiva e facían unha serie só para internet. Pois pouco lles durou o enfado, porque a NBC acaba de anunciar a compra de Quarterlife logo de que se emitisen tan só 3 capítulos na rede. A serie pasará dos 8 minutos por capítulo en MySpace aos 42 necesarios para un broadcasting convencional. Non deixa de ser irónica esta viraxe de perrencha a pelotazo en menos dunha semana, e mesmo ten un certo cheiro a operación de marketing, en plena folga de creadores. Pero si que supón un gran chanzo para demostralle á industria que ten por diante unha chea de posibilidades.

Aquí tedes o primeiro capítulo. De novo, o videoblogueo marca o estilo da serie. E como me mola que a prota teña un portatil igualiño ao que está publicando este post.

Posted in Rede, USA, series | 1 Comentario »

Tosar? Quen é Tosar?

publicado o Luns, 19 de Novembro, 2007 por cesare

Carlos Leal

O actor galego vivo máis coñecido pra alén das nosas fronteiras non é Luís Tosar, non. Chámase Carlos Leal e, ademais de actor, é un dos mc de hip hop de maior sona de Suíza, onde naceu e viviu. O seu grupo, Sens Unik, leva xa nove álbumes editados, e Leal, como actor, máis dunha ducia de filmes. Foi galardoado (ollo ao friquismo) como mellor actor no festival de cinema de Támil Nadu, na India, e como mellor actor de Suíza polo filme Brancaneves. Pero o seu papel máis importante foi o de crupier na última de James Bond, Casino Royale, converténdose así no segundo “suízo” en actuar nun filme de Bond, despois de Ursula Andress (máis friquismo). Pero… non é este un blog de tele? Efectivamente, Leal amigou co representante de Penélope Cruz, que lle deu pases especiais en ‘El Internado’, ‘Los Serrano’ e en ‘El Comisario’ e, o que é máis importante, quen conseguiu que fose un dos protagonistas de RIS Científica, o remake español de CSI que Telecinco anda a botar con non demasiado éxito.

Pero de onde será este Carlos Leal exactamente? O mapa dos apelidos do ILG ofrece como máis posíbel Vilalba ou Abadín, así que furo a partir de aí e… voilá: Moncelos, Abadín.

Posted in España | 4 Comentarios »

Goodbye America

publicado o Luns, 19 de Novembro, 2007 por orsinia

http://www.youtube.com/watch?v=llSAWdgPOb4

Os derradeiros días de Al Lewis. 20 e 22 de novembro en Cineuropa.

Máis.

Posted in USA, cinema | Sen Comentarios »

Os filmes do ditador

publicado o Domingo, 18 de Novembro, 2007 por orsinia

Son os ditadores bos directores? Esta é a pregunta que formula hoxe SlateV, revelándonos en imaxes a carreira como cineasta do incomparábel líder norcoreano, Kim Jong Il. Pulgasari é un deses mitos que tanto lle prestan ao blogueo friqui -ao que nos sumamos- e que non deixan de sorprender ao resto da humanidade. Na mula ha de estar.

The Dictator Director

Seguir lendo »

Posted in Asia, Corea, España, cinema | Sen Comentarios »

The mother of all destiny

publicado o Xoves, 15 de Novembro, 2007 por granmimon

Esta marabilla é o cartel promocional da serie que empeza en xaneiro. Máis, aquí.

Posted in USA | 1 Comentario »

Iconazos

publicado o Xoves, 15 de Novembro, 2007 por granmimon

tvland

A canle de televisión por cable TV Land (Viacom) e a revista Entertainment Weekly presentan este venres un especial de dúas horas sobre as 50 grandes iconas televisivas da historia. E cando falamos de iconas falamos dun nivel superior ao das estrelas. Actores que se confunden con personaxes, personaxes que se confunden coa propia historia da televisión, mitos vivintes e figuras inmortais da televisión americana que foron bigger than life e están tamén no noso imaxinario.
Aquí poden facer o seu topTV e comparalo co resto do mundo.

Este é o meu.

Posted in USA | 1 Comentario »

Indian Thriller

publicado o Martes, 13 de Novembro, 2007 por orsinia

Nestes días de cineuropas e ceas rápidas decidín meu kebab favorito de Santiago é o Ankara, que está na Rúa Nova de Abaixo. Porque ten uns camareiros moi simpáticos,  porque son os que máis vexetais lles botan ao döner, e porque sempre que vou teñen posta a MTV India, ou algún DVD de estilo similar. Quedo embobada vendo esas bailes ultramodernos e ultraindios, eses cantantes ultraguapos e megamaqueados que copiarán todo o que queiras os da MTV ianqui, pero seguen mantendo, cómo dicilo, ese feito diferencial…

Afondaremos no mellor e no peor da tv india, pero queremos comezar poñéndovos todo un clásico do Youtube:

http://www.youtube.com/watch?v=TtJRNyPK-lc

Posted in India | 1 Comentario »

The Tonechos’ Show

publicado o Domingo, 11 de Novembro, 2007 por cesare

Os TonechosTiven a ocasión de facer un experimento social: poñerlles un vídeo dos Tonechos a uns rapaces escoceses e ver como reaccionaban. Quizais non tiñan o día ou quizais é que non foron capaces de entender nada, pero o seu silencio e a cara de aborrecemento foron maiúsculos. Por que un dos programas máis vistos da TVG é totalmente incomprensíbel prós estranxeiros? É iso bo ou malo? O vídeo que lles puxen é o dunha vella que foi ao xinecólogo, pero podía poñerlles calquera outro: o caso é que a súa perplexidade me serviu pra analizar qué tópicos estaban operando no sketch e en que dirección. Eles nin sabían que unha vella de negro está de loito, e que a maior parte das anciás do rural galego se disfrazan desta maneira, así que xa non debía esperar comprensión pra todos os chistes que fan os Tonechos sobre as vellas que se colan no banco ou na consulta se partimos de que o de facer cola, neste país, ten un valor moral innegociábel.

Seguir lendo »

Posted in TV galega vista dende o mundo | 15 Comentarios »