Página 2
Un ximnasio. Unha piscina. Un quirófano. Unha rúa. Un set de televisión. O claustro dun convento. O barrio gótico de Barcelona. Todos estes e uns poucos máis foron os escenarios do primeiro programa de Página 2, que estreou a 2 este domingo. Javier Rioyo e todos os que rabearon pola abrupta retirada de Estravagario débense retorcer no asento derrotados pola proposta divertida, moderna, bonita e para todos os públicos que fai o seu programa substituto, que para empezar ten un horario moito máis decente. Oxalá lle dure.
Eu esperaba outra pedantada de baixo presuposto baseada en entrevistas de plató a escritores, así que nin tiña pensado velo. Pero esta promo fíxome cambiar de idea:
O presentador, Óscar López, comeza dicindo que a primeira entrevista é unha declaración de intencións. Pero non só. Ademais do autor do maior best-seller español dos últimos tempos, no primeiro programa aparece Buenafuente, fálase de Blade Runner e do bookcrossing e fálase sen pudor dos libros máis vendidos, dos que le a xente á que lle gusta ler nos metros e demais. Pero tamén se recomenda con criterio. E sen pontificar. E pídense as suxerencias e as preguntas dos lectores. E é agradábel de ver (parece algo obvio pero quen lles dera a moitos).
E ten unha web estupenda na que podedes repescar este primeiro programa, enteiro ou por cachos.
5/11/2007 23:13
carafio, que boa pinta. Pois ogallá que tamén veña un relevo innovador co substituto de Redes (se é que cando menos hai substituto).
5/11/2007 23:17
Así en principio, este programa semella ter a mesma relación coa literatura cá que un Mac Menú ten coa gastronomía.
6/11/2007 01:42
noguerol:
A Redes (mais ben a Punset) non o queren ben:
- http://www.homowebensis.com/archivos/punset
- http://paleofreak.blogalia.com//historias/53207
6/11/2007 14:53
Ten razón cossimo, pero eu son máis de Burguer King.
7/11/2007 01:19
eu estou flipando ultimamente co KFC…
7/11/2007 17:56
O Kebab estase a impoñer como fast food number one.
http://juegos.hey.es/juego/kebab-shoot/
7/11/2007 21:28
Si, son vostedes uns verdadeiros gourmets!
7/11/2007 21:46
Que sentido do humor! (na páxina do programa)
“Los más vendidos NO-FICCIÓN:
El viaje al amor, Eduardo Punset
Jesús de Nazaret, Benedicto XVI
La suma de los días, Isabel Allende
El canto de las sirenas, Eugenio Trias
Venecia es un pez, Tiziano Scarpa”