Demanda popular

A xente esperando a que empece Lost
Na análise do consumo popular ten cada vez máis importancia os programas de televisión que se comparten en Internet. O problema é que non vai ser fácil medilo coa precisión coa que se miden outros. O New York Times publica, por exemplo, unha listaxe de acceso ás webs, que non serviría para aportar datos reais de consumo pero si unha aproximación aos rankings de interese dos usuarios.
A web do Mira quien baila americano (Dancing with the stars, ABC) arrasa coa mesma intensidade có seu programa, e Gossip Girl, a miña rookie favorita do ano, colócase no Top10 pese a que se emite nunha canle moi nova, The CWTV, e destinada a un público moi xoven.
7/11/2007 01:17
Meudeus, e trato ou non trato está se segunda?
Pos haberá que mirarlle a web porque xa me parece pavero que lle poidan construír unha web a ese concurso taaaan repetitivo e aborrecedor…