A cociña da avoa
Unha avoa británica e unha galega diferéncianse, basicamente, en que unha non tingue o pelo e a outra si. Pero iso é pataca minuta se nos metemos a falar de fogóns e pucheiros. Que cociña a avoa? é unha rede social para que xentiña de todas partes enviemos as receitas das nosas abuelas, ditas ou feitas por elas mesmas.
Vale ata que cha conten por teléfono, se contas co chintófano axeitado para pasala a MP3. Se a nosa avoa é galega ao mellor se perde algún matiz na preparación do caldo, nese caso moito mellor o vídeo: ou non molaba ver unha Ermitas de Arzúa compartindo pantalla con Nana Ruth de Lancaster ou Mémée Denise de Arles?
Os que tedes avoa e videocámara, xa estades a tardar.

7/11/2007 11:28
Pois eu que odio todo programa de cociña, esta idea paréceme fantabulosa. Ademais como concepto global e fácil de vender ao mundo.
7/11/2007 20:13
Pois a min encantanme os programas de cociña, apampo con calquera deles…claro que neste canle non se cumpre a regra máxica que eu lle aplico a este oficio: un porcentaxe de xente “sepsi” moi por riba da media.
(agás os famosos, claro)
Ola!
8/11/2007 00:20
toxo, unha difícil: a favor ou en contra de julius?
http://www.directoalpaladar.com/2007/06/04-22-minutos-las-recetas-de-julius
8/11/2007 12:45
He he…esa é boa, porque engana.
Eu posiciónome en terra de ninguén, porque o rapaz é xeitosiño, pero o seu programa é taaaaan aburrido…
8/11/2007 12:57
Parécelle? Ops, vaia…
8/11/2007 14:06
Pois eu mira que estiven tempo enganchada a 22 minutos, de feito converteuse no late night oficial da miña casa, e ata copiaba as receitas nunha libreta. Cheguei a probar varias delas con notable éxito, para ser eu. Pero desde que comprei o libro xa non me ten tanto chiste e deixei de velo. Á receita númeero 739 su que pode chegar a aburrir
En canto a el…si, é majete e quedanlle moi ben os mandís. E fai snowboard. Un día saíu ao principio do programa lendo La Razón.
11/04/2008 08:18
Sounds perfect to me. I have read this post with a great pleasure. You should write much more often.