The Tonechos’ Show
Tiven a ocasión de facer un experimento social: poñerlles un vídeo dos Tonechos a uns rapaces escoceses e ver como reaccionaban. Quizais non tiñan o día ou quizais é que non foron capaces de entender nada, pero o seu silencio e a cara de aborrecemento foron maiúsculos. Por que un dos programas máis vistos da TVG é totalmente incomprensíbel prós estranxeiros? É iso bo ou malo? O vídeo que lles puxen é o dunha vella que foi ao xinecólogo, pero podía poñerlles calquera outro: o caso é que a súa perplexidade me serviu pra analizar qué tópicos estaban operando no sketch e en que dirección. Eles nin sabían que unha vella de negro está de loito, e que a maior parte das anciás do rural galego se disfrazan desta maneira, así que xa non debía esperar comprensión pra todos os chistes que fan os Tonechos sobre as vellas que se colan no banco ou na consulta se partimos de que o de facer cola, neste país, ten un valor moral innegociábel.
Os chistes viraban ademais sobre dúas cousas: a incomprensión entre a linguaxe da vella e do médico (risas do tipo: “venéreas?” “a San Ramón e a Santa Rita”) e a suposta quentura da vella, que se lle ofrece sexualmente ao médico varias veces e que insiste en que lle pase a revisión sen motivo. Os meus escoceses miraban todo aquilo cunha perplexidade digna de quen asiste a unha cerimonia relixiosa dos indios do Perú. Porén, os datos están aí: os Tonechos foron o cuarto programa mais visto da TVG a tempada pasada. E son os primeiros humoristas galegos que son capaces de crear un show de sketchs baseados en dous personaxes constantes, en galego, e ademais triunfar, conseguir esa faisquiña tan delicada que desemboca nun riso.
Dalgunha maneira, pra explicárllelo aos escoceses, botei man de Benny Hill e de Little Britain. O que a min máis me divirte dos Tonechos (e divírteme moito) non é ese sal groso da vella quente (benny hill), senón a lacerante crítica social que se lle fai, precisamente, aos telespectadores do show dos Tonechos (little britain), a da vella que se cola, a da vella que garda os cartos na cona a “prazo fixo” e é, sobre todo esoutro memorábel sketch que non atopo entre a grande lista de sketches dos Tonechos que hai no Tubo: cando queren cobrar a pensión do avó co seu dedo conxelado como fe de vida. A intelectualidade galega parece ir por outro lado. Os programas do show pódense “ver” (non me chegarán as comiñas pra queixarme da horripilante web da TVG) tamén na web da Galega.
11/11/2007 23:45
Se cadra un show que se rise dos pijos iPod 3.0 que disfrazan o seu corpo con tatuaxes incas pero non saben onde está Perú, tería máis aceptación internacional. Ou outro no que os gays patrios aparecesen caracterizados coma uns viciosos de terceira que serían quen de inventarse unha venérea con tal de tirarse ao urólogo. Ou un no que se fixese mofa dun escocés que chega a Galiza co único obxectivo de beber a fábrica enteira de Estrella Galicia antes de esnaquizar un banco da Alameda e despois de carbonizarse na praia de Barra ao carón dun grupo de nudistas Dolce&Gabbana.
12/11/2007 01:09
A min, desas tres, ningunha me fai graza, particularmente.
A vostede si lle fan?
12/11/2007 10:32
Non, a min tampouco. Procuro que os estereotipos, sobre todo os máis reaccionarios, non me fagan graza.
13/11/2007 00:09
[off topic]
aí a dereita -nas breves- din que tim kring discúlpase pola segunda temporada de “lost”; supoño que xa saberán que está a falar de heroes, e que ten motivos para a desculpa: os sete capítulos emitidos ata o de agora son un auténtico coñazo, ver que fai o tipo para devolverlle á serie o seu encanto perdido
[/off topic]
13/11/2007 01:41
Corrixido. Eu penso que ata esas desculpas forman parte do encanto da serie como fenómeno fan global. Cústame pensar noutros creadores de series poñendo desculpas diante da audiencia (normalmente non saen do despacho do director da cadea). E sobre todo, esa apelación á fe dos fans en que a serie volverá polo bo camiño…
13/11/2007 13:10
Eu provei a porlle ao meu pai un DVD de “Father Ted” en versión orixinal mais cons subtitulos (por se lle axudaba a pillar algo). El sempre está a contar chistes de curas pero, non entendía nada e nin esbozou un sorriso. isto despois de ter visto uns días antes, doblada ao español “Café Irlandés” de Stephen Frears que lle fixo moita graza. Conclusión, meu pai comparte pouco o humor irlandés, despois das duas provas audiovisuais xa ue nunha disfrutou e noutra mandou apagar a tele. Alguén coñece o valor sociolóxico deste experimento?
13/11/2007 13:49
No tema dos Tonechos, máis ca de tópicos eu falaría de códigos. Os Tonechos (e a comedia en xeral) usa códigos entendibles polo espectador para confrontalos, desfiguralos ou darlles a volta. O mítico sketch do funcionario e o autónomo ( http://br.youtube.com/watch?v=gsH0cFtwi2c ) sería fácil que o entendera calquera español, cousa que non ocorrería con moitos outros. Coa comedia americana (e británica) temos especial relación porque nós poñemos da nosa parte para entender eses códigos. Os Simpson non son outra cousa que deconstrucción das sit-com anteriores, logo funciona con códigos que xa tiñamos aprendido (Bill Cosby, Padres forzosos…), e que non nos importa poñernos ao día (referencias a Spinal Tap, a Pynchon, a Jay Leno…). Calquera outra comedia esiximos entendela á primeira.
Un exemplo é o éxito de programas de humor político na ETB e en TV3. Son programas para consumo doméstico, pero temos tan asumidos os códigos da política vasca e catalana que non nos custa coller a meirande parte dos chistes.
13/11/2007 16:54
Supoño que será como cando se exportou Mareas Vivas a Madrí. Somos moi nosos.
13/11/2007 16:55
Glubs, era eu, Kate, non sei porque me sae Orsinia. Orsiniaaaa! me lo aclare, plis.
13/11/2007 17:00
andaría fozando no teu ordenador, ou ti no meu
13/11/2007 17:07
Pois non o entendo… eu case escacho coa risa e iso que xa coñecía os gags. E mira ti que a Benny Hill ben que lle entendía eu os chistes…
Comparto a opinión sobre os códigos no humor.
13/11/2007 19:12
Pois si, Orsinia Kate, algo así. Un día pregunteille a Reixa por iso e non lle pareceu nada ben. Á xente non lle gusta falar dos tropezóns, non sei por que.
13/11/2007 19:26
Se aprenderan de Tim Kring…
20/11/2007 22:29
Retranca gallega de los Tonechos
19/04/2008 17:57
O duo e moi bo e a min gustame.