Queres unirte ao teleclube?

O caso Quarterlife

E atención á noticia da semana: hai uns días comentabamos aí á dereita que os creadores de Trinta e Tantos e Esta é a miña vida pasaban da industria televisiva e facían unha serie só para internet. Pois pouco lles durou o enfado, porque a NBC acaba de anunciar a compra de Quarterlife logo de que se emitisen tan só 3 capítulos na rede. A serie pasará dos 8 minutos por capítulo en MySpace aos 42 necesarios para un broadcasting convencional. Non deixa de ser irónica esta viraxe de perrencha a pelotazo en menos dunha semana, e mesmo ten un certo cheiro a operación de marketing, en plena folga de creadores. Pero si que supón un gran chanzo para demostralle á industria que ten por diante unha chea de posibilidades.

Aquí tedes o primeiro capítulo. De novo, o videoblogueo marca o estilo da serie. E como me mola que a prota teña un portatil igualiño ao que está publicando este post.

Un comentario a “O caso Quarterlife

  • 1
    Dani
    6/12/2007 02:52

    pela sua culpa, eu que non tenho television na casa, engancheime da serie. estaran contentos… o que non sei é se a cousa do videolog da rapaza resulta moi crível

    apertas

Deixa un comentario