Queres unirte ao teleclube?

Tosar? Quen é Tosar?

Carlos Leal

O actor galego vivo máis coñecido pra alén das nosas fronteiras non é Luís Tosar, non. Chámase Carlos Leal e, ademais de actor, é un dos mc de hip hop de maior sona de Suíza, onde naceu e viviu. O seu grupo, Sens Unik, leva xa nove álbumes editados, e Leal, como actor, máis dunha ducia de filmes. Foi galardoado (ollo ao friquismo) como mellor actor no festival de cinema de Támil Nadu, na India, e como mellor actor de Suíza polo filme Brancaneves. Pero o seu papel máis importante foi o de crupier na última de James Bond, Casino Royale, converténdose así no segundo “suízo” en actuar nun filme de Bond, despois de Ursula Andress (máis friquismo). Pero… non é este un blog de tele? Efectivamente, Leal amigou co representante de Penélope Cruz, que lle deu pases especiais en ‘El Internado’, ‘Los Serrano’ e en ‘El Comisario’ e, o que é máis importante, quen conseguiu que fose un dos protagonistas de RIS Científica, o remake español de CSI que Telecinco anda a botar con non demasiado éxito.

Pero de onde será este Carlos Leal exactamente? O mapa dos apelidos do ILG ofrece como máis posíbel Vilalba ou Abadín, así que furo a partir de aí e… voilá: Moncelos, Abadín.

4 Comentarios a “Tosar? Quen é Tosar?

  • 1
    orsinia
    19/11/2007 12:32

    Xa tardan os de Lugo en dedicarlle a Semana de Cine.

  • 2
    parafrikismo...
    19/11/2007 20:23

    Para frikismo este enlace http://www.carlosl.com/spip.php?page=popup_breve&id_breve=16
    onde se pode observar claramente que Carlos Leal fai de axente inmobiliario na nova adaptación de Heidi para France2. O axente inmobiliario ten que plantar cara a Heidi, farei todo o posible por conseguir ese capítulo xD.

  • 3
    filomeno
    20/11/2007 22:27

    También famoso : José García, Manuel Mallo en GAL (2006) de Miguel Courtois

  • 4
    xoancar
    21/03/2008 01:21

    Pois haberá unha extrana razón para que dous pobos que distan apenas 10 km (Xustás e Moncelos) deran dúas estrelas de tamaño calibre coma Tosar e Leal. Eu tamén andaba polas festas do Santiago por alí pero non se me pegou nada.
    Saúdos

Deixa un comentario