Queres unirte ao teleclube?

Búlgaro o que non choute (en Eurovisión)

O-ZoneNos últimos tempos, Eurovisión, o maior acontecemento paneuropeo de carácter anual (a eurocopa de fútbol xógase só cada catro anos), vén recibindo numerosas críticas dos veteranos fans occidentais por conta dun suposto compló eslavista. Coincide iso coa aparición dun claro racismo antieslavo que se respira no oeste do continente, dende as grandes áreas urbanas da periferia madrileña ata o mito do fontaneiro polaco. O último paso, a suposta participación en Eurovisión 2008 dunha cantiga propedófila representando a Moldavia.

A nova destápaa a fonte “independente” JM (española). Conforme o avisado xornalista español Miguel Mielgo, Alexandru Bognibov é o favorito na preselección moldava pra Eurovisión, cun tema titulado “I love the girls” (gústanme as nenas), e que se dirixe a unha rapaciña de 13 anos. Iso, que é pederastia en boa parte do mundo agás, precisamente, en España, resulta por demais falso. A preselección de 27 cancións incluía ese horrorendo tema de Bognibov, pero o primeiro corte de 12 xa non o pasou, demostrando que os moldavos saben bastante máis de música ca Miguel Mielgo de xornalismo.

A televisión pública moldava, a Teleradio Moldova, era unha entidade estatal ata 2004 e agora é pública pero non estatal (!). Emite completamente en moldavo, e só manda cantantes a Eurovisión dende o ano 2005. En 2005 quedaron sextos, en 2006 vixésimos (a pesar do compló eslavomasónico) e en 2007 décimos. Contra o que é habitual crer, o máis coñecido tema da música moldava, que chegou a ser terceiro nas listas de éxitos británicos, o Dragostea din tei dos O-Zone, nunca foi a Eurovisión. O seu retrouso moldavo (numa numa iei) foi internacionalmente e interneticamente coñecido. Pero, aínda que un dos ozones, Arsenie Todiras, participou na Eurovisión 2006, cun tema titulado curiosamente en español (Loca), non pillou un chuquel. En paralelo, o desfile do orgullo gai en Moldavia foi prohibido neses mesmos tres anos (2005-07) por atacar os valores cristiáns do país.

7 Comentarios a “Búlgaro o que non choute (en Eurovisión)

  • 1
    cossimo
    18/12/2007 23:46

    Creo que os romaneses non son eslavos.

  • 2
    cesare
    18/12/2007 23:51

    bueno, non lle imos mirar o adn pró caso, non?

  • 3
    EL AVE PENIS
    19/12/2007 22:25

    Vaia por diante que ainda que Eurocopa sexa cuatrienal (bonito palabro) a Champions League xógase tódolos anos ^^. Se a cousa é tema de audiencias… aí sométome aos vosos coñecementos.
    O tal Miguel ese debe ser dos que non saben que a Lolita de Nabokov, a do libro non a das pelis, tiña 12 anos.
    Para algúns romaneses, que quizáis non aturan que os moldavos dixeran non no referendo de anexión, chamar moldavo a alguén é un insulto. «Esti moldovean?». Outra das lendas de cando o “numa numa iei” foi a presunta nacionalidade romanesa dos O-Zone, cousa que a comunidade romanesa non tardaba en desmentir.
    Pero no de la Moldavia rumana eh? de Moldavia Moldavia

  • 4
    Miguel Mielgo
    20/12/2007 02:04

    Si fueras un poco más listo y al menos pusieras tu nombre, en vez de criticar al mensajero deberías confirmar la fuente de lo que escribes capullo.

    En el momento de publicar la noticia que criticas, la canción pedófila era la favorita antes de la primera selección. Además, para que sigas haciendo de cabrón en el mundo, la noticia fue publicada en diarios escandinavos, alemanes y suizos. Pero claro, como no sabes falar otras lenguas, no te enteras gilipollas.

  • 5
    cesare
    20/12/2007 02:12

    hahahaha, :)
    Ben, quen queira pode comprobar como a noticia referida foi publicada o 16 de decembro, e que o corte dos 12 se produciu o 14 de decembro. As ligazóns están aí arriba. Só hai que clicar nelas.
    O comentario sobre as linguas que falo quizais non sexa axeitado, pero non se preocupe, que non me incomodo. :) cóidese.

  • 6
    orsinia
    20/12/2007 02:36

    Se es o auténtico Miguel Mielgo, menudo maleducado.

  • 7
    tania
    5/06/2008 14:50

    ME ENCANTAIS!!!
    POCOS XIKOS DIRIAN QUE SON GAIS
    VOSOTROS OS LO MERECEIS TODO WAPOS!

Deixa un comentario