Queres unirte ao teleclube?

Posts publicados en Xaneiro de 2008

Galicia Ras en “Miro”

Todo aquel teleclubeiro/a que se prece debe ter a estas alturas instalado o Miro (antes Democracy Player), un reprodutor de tv na rede baseado en software libre, que ademais de baixar por suscrición RSS todo canto vídeo che apeteza ver (youtube e googlevideo incluídos) permite que ti engadas o teu propio programa ou video blog, poñéndoo ao mesmo nivel de accesibilidade que a HBO ou o National Geographic, por poñer un exemplo de grandes canles que xa decidiron estar aí.

Se buscamos por Galicia, Galiza ou galego todo o que nos atopamos é unha proba fallida que fixo o blogueiro Dorfun hai uns meses e, oh sorpresa, o programa de motor da TVG. Trátase de Galicia Ras, un dos espazos máis seguidos pola ampla afección ao motor galego. E un claro exemplo de como os programas-nicho dunha televisión xeralista poden ter un grande percorrido máis alá do clásico broadcasting. Ao tubo e á mula me remito.

O programa está guai. Velaquí un spot protagonizado polo meu compi da facultade Carlos García-Verdugo, que é quen presenta o programa. Non proben a imitalo nas súas eiras.

Xa tedes unha suscritora máis no Miro, compañeiros.

YouEmbedTube

Este post é para ver como funciona YouEmbedTube, un sitio novo que permite crear un carrusel de 3 a 8 vídeos baseados nun tag de Youtube, creado, por un sobriño de Julián Gallo e mais un colega.

No exemplo, unha lista cos vídeos que aparecen se poño o tag “lugo”.

A aplicación en si non é para tanto, pero grazas a ela descubrín un vídeo que me ten entusiasmada: esta actuación das Spice Girls na miña cidade. As clons das cantantes (?) británicas escolleron para tan xeitoso videoclip localizacións que van das Termas ás costas do parque.

Lugo’s got talent

Thriller. Homenaxe terrorvisivo

O fito pop máis grande da historia cumpre 25 anos. Coma o día do incidente do 11-S, todos lembramos onde e cando descubrimos que estabamos ante un acontecimiento histórico inigualable. Eu, de volta do Colexio Franciscanos a casa. Nunha zapatería na rúa da Raíña de Lugo poñían tuentiforseven o vídeo en cuestión. A xente agolpábase no escaparate como se fose a última vez. Un puto éxito como non recordo na miña vida. Cando pasou a moda puxeron outros vídeos dos 80, pero xa non era o mesmo. Anos máis tarde a zapatería pechou.

Nunca aprendín a bailar Thriller. Cravo o Moonwalker.

Posted in USA | 1 Comentario »

Barcelona - Cáceres

publicado o Venres, 18 de Xaneiro, 2008 por cesare

A España de FamaUn post breve sobre unha intriga que me persegue dende hai anos. Por que en determinados concursos da televisión española todos os participantes veñen de territorios ao sur do eixo Barcelona-Cáceres? Tomemos por exemplo o concurso Fama - A bailar!, de Cuatro. Dos 22 concursantes, só 1 cae ao norte dese eixo: unha chavaliña que vén de Salamanca. Ao algo máis do 25% dos habitantes (e dos potenciais televidentes) correspóndenos un 4,5% dos participantes. Azar? Admito que só é un exemplo: probemos con outro: OT 2006. 16 concursantes españois, unha delas de Vigo e outra de Lleida: o 12%. Hai máis: os da wikipedia contáronos todos e distribuíronos por comunidades autónomas: dos 82 concursantes das primeiras cinco edicións de OT, 70 pertencían ao sur dese eixo, e só 12 ao resto: o 14%. Por cada vasco, houbo 24 andaluces.

Posted in España | 18 Comentarios »

Como facer un reality con castros e mámoas

publicado o Martes, 15 de Xaneiro, 2008 por cesare

Time TeamDe volta ao meu país logo dun mes de bater a zoca por aí adiante, desfago as maletas, rescato algún sobrevivinte da neveira e enchúfome á televisión… Ah, canto a botei en menos!! Pra esta noite agárdame un programa dobre de realitis: un documental de base arqueolóxica (literalmente arqueolóxica) e un concurso de fotografía con flickr como patrocinador. Meudeus, canto tempo estiven fóra?

Seguir lendo »

Posted in UK | 1 Comentario »

Xotas e morriña, agora en Zattoo

publicado o Venres, 4 de Xaneiro, 2008 por orsinia

Que é peor, ser aragonés ou ser galego? Neste 2008 poderémolo descubrir grazas a Zattoo, que acaba de enviar estas grandes novidades ao noso correo.

Los Reyes Magos se han adelantado un poco y han pasado por Zattoo para dejarnos algunos canales nuevos. Será porque quieren que ya los disfrutéis durante las vacaciones de Navidad? Este es su regalo:

- Aragón Sat: Canal autonómico para todos los mañicos y cualquiera que se sienta jotero…
- TVC Internacional: la televisió en català. Ja pots veure « Polònia » allà on vulguis
- TVG Europa (a partir de enero): Se tés morriña ou estás enganchado ao Luar, para ti a Galega.
- Popular TV: Canal de información y entretenimiento enfocado en la familia.
- Canal Parlamento: De acuerdo… no es “House”, pero con las elecciones cada vez más cerca, igual es una buena oportunidad para ver a quien vas a votar..
- The Poker Channel (en inglés): Todo sobre el póker. ¿Sabíais que el ganador del último torneo anual más importante de póker (WSOP) es una mujer, tiene 19 años, es noruega y por llevarse este premio se ha
embolsado 2 millones de dólares…? Pues sí.
- Bloomberg TV (en inglés, a partir de enero): Uno de los canales de noticias financieras más prestigiosos del mundo.

Desgraciadamente, junto a estas buenas noticias, llega una un poco mala. TVE nos ha pedido que interrumpamos la retransmisión de Teledeporte y de Canal 24 Horas, a pesar de que la había autorizado hace tiempo. No
entendemos muy bien los motivos, pero tenemos que respetar su decisión, a la espera de que regresen pronto a nuestra parrilla y a vuestras pantallas…

Estamos recibiendo muchos correos electrónicos preguntando si vamos a añadir nuevos canales. Como veis, hacemos todo lo que podemos para daros una oferta mayor, pero como dependemos de las cadenas, a veces las cosas no van todo lo rápidamente que quisiéramos. Si tenéis sugerencias para nuevos canales, no dudéis en escribirnos. Es más, quizás sea una buena idea que escribáis también al canal en cuestión…

¡Felices fiestas a todos! y sed malos…

Zattoo España

Posted in Outras autonómicas, TV galega vista dende o mundo | 3 Comentarios »

As palabras volven á televisión

publicado o Venres, 4 de Xaneiro, 2008 por orsinia

Cifras e letras non está mal -como calquera cousa que presenten Paco Lodeiro ou Elisenda Roca- pero non deixa de ter ese aire entre académico e crucigrameiro tan propio do formato e que tan ben lle acaían a Octavio Iglesias ou a Yolanda Castaño. O que se leva agora é devolverlles ás palabras esa vida que os engolados presentadores do século XX lles quitaron e pousalas de novo no laboratorio que as viu nacer, que é a rúa. Albízaras: o vindeiro luns volve á TV3 Caçadors de Paraules.

http://www.youtube.com/watch?v=z2Gsu9KWFV0

Seguir lendo »

Posted in Cataluña, España, Outras autonómicas | 1 Comentario »