Barcelona - Cáceres
Un post breve sobre unha intriga que me persegue dende hai anos. Por que en determinados concursos da televisión española todos os participantes veñen de territorios ao sur do eixo Barcelona-Cáceres? Tomemos por exemplo o concurso Fama - A bailar!, de Cuatro. Dos 22 concursantes, só 1 cae ao norte dese eixo: unha chavaliña que vén de Salamanca. Ao algo máis do 25% dos habitantes (e dos potenciais televidentes) correspóndenos un 4,5% dos participantes. Azar? Admito que só é un exemplo: probemos con outro: OT 2006. 16 concursantes españois, unha delas de Vigo e outra de Lleida: o 12%. Hai máis: os da wikipedia contáronos todos e distribuíronos por comunidades autónomas: dos 82 concursantes das primeiras cinco edicións de OT, 70 pertencían ao sur dese eixo, e só 12 ao resto: o 14%. Por cada vasco, houbo 24 andaluces.
18/01/2008 13:06
Creo que equiparar o 25% de habitantes a posíbeis televidentes é un pouco aventurado, porque non todos os habitantes do Estado español ven a televisión por igual. Hai algo máis dun ano a Sgae publicou un estudo no que dicía que os andaluces e os valencianos son os que máis televisión consumen, e os galegos os que menos.
En Cataluña tamén se consume bastante, pero o comportamento da audiencia catalana e da española son moi diferentes: as canles autonómicas e locais teñen moitísima audiencia.
E se vemos polo miúdo os datos de cales son os programas que máis se ven en cada comunidade autónoma (datos que existen pero que agora non atopo), os musicais e os realities teñen moito máis seguimento no sur ca no norte. Teño escoitado que se non existise Andalucía programas como OT terían pouca razón de ser no resto do Estado.
Con estes datos na man, o misterio é pouco: os castings fanse sempre con criterios de proporcionalidade territorial.
18/01/2008 13:11
Aí quería eu chegar: hai andaluces en OT porque os andaluces ven OT? Ou os andaluces ven OT porque hai andaluces en OT?
E si, o 25% son posíbeis televidentes. Non son televidentes. Potenciais quizais… Vou mudar esa palabra.
18/01/2008 13:17
Eh, vale, poñamos que é así agora. Pero como podiamos saber que OT1, a primeira e non orixinal, ía ser vista máis en Andalucía ca no resto? Lémbrolle a selección inicial: 16 concursantes, 15 deles ao sur do eixo Barcelona-Cáceres. Só un, o cántabro Bustamante (6%), saía desa norma. Xa contaban as teles con esa previsión xeográfica de audiencia OT?
18/01/2008 13:36
Supoño que a predisposición a ver eses programas vai ligada á predisposición a participar neles. Non sei se é significativo o dato de que para concursar no último reality que fixo a TVG, segundo teño entendido, presentáronse menos de 20 familias, mentres que no equivalente andaluz foron 600 e no catalán unhas 3000.
18/01/2008 13:42
Penso que non só é a audiencia a que marca esas porcentaxes (que por certo, eu tamén lle din voltas ao tema máis dunha vez en casa sen datos na man). Unha vez Orsinia contoume as diferencias que había á hora de presentarse xente aos castings de, por exemplo, A casa de 1906. Se non recordo mal, en Andalucía e Cataluña había hostias para entrar, e en Galicia tiñan problemas para conseguir concursantes. Sei que tamén pasou algo parecido en programas de testimonios (dos que tamén se podería facer unha análese e darían porcentaxes parecidas).
Creo que ten máis que ver co noso carácter. Esixiría unhas conclusións máis sociolóxico-televisivas. Non nos gusta contar as nosas miserias ao primeiro que pasa pola rúa e desconfiamos da xente que o fai.
Aí está a galega de Cancún.
18/01/2008 13:42
Vaia. Aí está.
18/01/2008 13:46
Si. Retiro o de que ver os programas vai ligado a participar neles, porque o ano pasado a Casa tivo unha audiencia da hostia. Que non nos guste contar as nosas miserias non significa que non queiramos velas.
Aí está a galega de Cancún.
18/01/2008 13:50
Resumindo, ata o de agora temos catro causas posíbeis:
— hai máis sureños, porque os sureños ven máis esta televisión (nesta proporción? sempre? dende o principio?)
— hai máis sureños porque hai máis sureños nos castings
— hai máis sureños porque os sureños saben bailar e cantar mellor
— hai máis sureños porque aos norteños non nos gusta bailar en público (tequelexou!)
18/01/2008 13:59
Home, segundo a tradición mediática española os sureños sempre souberon cantar e bailar mellor. Empezo? Lola Flores, Manolo Caracol, Dolores Abril, Joaquín Cortés, Sara Baras, Rafael Amargo… Aquí os bailadores máis coñecidos son os que saen no Vai de Baile.
En cantantes si que poderiamos poñer a Julio Iglesias a competir con Manolo Escobar, pero incluso en GZ é moito máis popular Escobar. Cantos cantantes galegos pasan por Canal Sur e cantos andaluces pola TVG??
18/01/2008 14:00
Ala venga!!
Así que agora resulta que OT é un concurso de cantar??
18/01/2008 14:02
E logo de que é?
Fíome do teu criterio, que sei que o vías todas as semanas.
18/01/2008 14:04
Digamos que nos gusta… menos.
18/01/2008 14:40
España seca/chunga.
18/01/2008 15:03
A España das caixas.
http://www.elgranmimon.com/?p=19#more-19
18/01/2008 16:21
hahaha, non claro… non o vía todas as semanas… Vostede sabe que son pouco constante coa miña televisión. Pero o importante (creo eu) non era cantar, senón a dinámica da aprendizaxe, de saberlles das vidas, de humillalos e de velos triunfar. Dá bastante igual que sexa por cantar, por facer pases de modelos ou por cociñar hamburguesas imposibles, non? O de cantar é o pretexto, se quere vostede a conexión con ese público e non con outro, pero o concurso non vai de cantar. Ou?
Estanme dando gañas de coller eses datos, xuntalos nun post de 10 folios e mandalos á universidade de santiago. Non me darán algo por iso?
18/01/2008 17:05
Aí discrepo. Todo iso que dis da aprendizaxe e da evolución dos corpos e das almas dos protagonistas é certo, pero non fai máis que abocarnos ao gran momento, que era o da actuación musical. Criticar as actuacións é divertido, pero a maioría do público creo que vai máis alá da frivolidade e realmente é capaz de vibrar cunha boa actuación, máis cando se trata de alguén a quen lle viches unha non tan boa a semana pasada. A min téñenseme postos os pelos como escarpias vendo a Rosa cantar unha de George Harrison, e paseino teta bailando co xenial baile de Edurne en “These boots are made for walking”. Llámame maricona, pero es así.
Non son a única: os minutos de ouro de OT eran as actuacións, só superadas polo ditame do xurado, que é imposíbel de entender se non viches as actuacións. Claro que o programa vai de cantar. Como Lluvia de estrellas, o seu predecesor, ou como o tequelexou moitos outros moitos que tamén arrasaron. Mire a Paul Potts.
A USC para que había querer eses datos? Por que lle habían querer dar algo?
18/01/2008 17:09
Home, non digo pasta, pero un par de puntos na oposición…
:D 
19/01/2008 00:14
1. Eu paseino teta con TODOS os bailes de Edurne.
2. A USC nunca dá nada. En tal caso quita.