Thriller. Homenaxe terrorvisivo
O fito pop máis grande da historia cumpre 25 anos. Coma o día do incidente do 11-S, todos lembramos onde e cando descubrimos que estabamos ante un acontecimiento histórico inigualable. Eu, de volta do Colexio Franciscanos a casa. Nunha zapatería na rúa da Raíña de Lugo poñían tuentiforseven o vídeo en cuestión. A xente agolpábase no escaparate como se fose a última vez. Un puto éxito como non recordo na miña vida. Cando pasou a moda puxeron outros vídeos dos 80, pero xa non era o mesmo. Anos máis tarde a zapatería pechou.
Nunca aprendín a bailar Thriller. Cravo o Moonwalker.
19/01/2008 02:38
Eu non lembro a zapataría, pero debo confesar que adoro a chick flick esa na que Jennifer Garner é a versión feminina de Big, e en especial esta escena na que todos se poñen a bailar Thriller: http://www.youtube.com/watch?v=aJcgjX-Ce54
Por outro lado, o que é verdadeiramente escalofriante é isto: http://www.adn.es/cultura/gente/20080111/NWS-0945-Michael-Madonna-Jackson-Prince-cincuenta.html