Queres unirte ao teleclube?

Os comezos de Duffy

A nova princesa do soul, considerada a versión boíña de Amy Winehouse, deuse a coñecer no 2003 programa WawFfactor, a Operación Triunfo da televisión galesa S4C, que emite maioritariamente en galés. E nesta lingua cantaba Aimee -o seu nome, Duffy é o apelido-, e ademais facíao con este peiteado. Quedou segunda.

Aimee Duffy

Os que queirades saber máis e puchedes galés tedes aquí un impagábel vídeo no que Aimee fala das súas orixes e das súas arelas de estrelato coa presentadora mentres beben viño branco sentadas nun sofá branco. A entrevista debeu facerse no punto álxido da súa carreira como cantante na lingua proletaria do seu pobo…

…e xusto antes de dar o pelotazo apadriñada por Bernard Butler (ex guitarrista de Suede) e converterse nun sucedáneo de Dusty Springfield do século XXI, grazas ao famoso videoclip no que sae xente bailando a cámara lenta e ela cunha iluminación e un estilismo fantásticos que ata conseguiron poñela guapa.

O que vén confirmar que se pode empezar sendo unha hortera de bolera (que diría Cristina) e acabar sendo un bo produto (que diría Evaristo). O caso é cantar ben.

E aquí empeza unha exitosa carreira e remata unha humilde parábola que hoxe vai dedicada con agarimo a Belén Monís. Ti tamén podes.

Un comentario a “Os comezos de Duffy

  • 1
    xmanoel
    29/04/2008 17:54

    O tema interesante da antiga concursante do WawFfactor, non é tanto o peiteado da foto (que si que daría para moito escarnio) se non o vella que parece na foto. Agora parece unha pipiola (e de feito coido que é bastante pipiola). ¿Coma podería parecer unha vella de aquelas?

    ¡¡Maxia!!

Deixa un comentario