Season Finale
Quedan menos de dúas semanas para vermos o season finale máis agardado dos últimos tempos (e non é o derradeiro, que quedan outras dúas temporadas por diante adeusgrazas), que é There’s No Place Like Home, part 2 and 3, da mellor serie dramática da historia. Por fin nos atrevemos a dicir isto, con permiso dos Soprano.

Maneiras de levar a espera? Podemos pensar que cociñar ese venres pola noite ou ler algunha das reviews de There’s No Place Like Home, part 1. Recomendo a de James Poniewozik na Time, a do New York Magazine e sobre todo a do Entertainment Weekly, publicación que me levou a unha estupenda fotogalería onde se repasan os mellores season finales das series americanas. Encantoume recordar unha que foi especialmente impactante na miña infancia: aquela de Dinastía na que Amanda casa co príncipe de Moldavia e no medio da voda entran uns terroristas e matan (en apariencia) a todo quisque. Dende aquela para min pensar en Moldavia era sinónimo de estremecemento. Até que chegou o Numa Numa Iei.

Por último tamén quixera aproveitar estes días para ver se son capaz de ler e entender de todo a Time Loop Theory, para ver a onde carallo acabará John Locke movendo a illa, se é que o consegue. Saberémolo o 29 de maio. Mentres, non me queda outra que seguir pensando, pois a ocasión ben o merece: que facer ese día para cear?
18/05/2008 22:44
Churrasco
19/05/2008 09:05
alitas de pollo
19/05/2008 10:41
alitas moito mellor que churrasco, obviamén
19/05/2008 11:49
Isto quedou moi hagiográfico… ¿mellor serie dramática da historia? Bueno, menudas louvanzas… espero que non moi esaxeradas.
(Esto o escribe un desenganado de LOST, que cansou co paso das temporadas)
19/05/2008 13:12
xmanoel, Lost co paso das temporadas non fixo máis que mellorar. esta última, a cuarta, foi a hostia. Eu creo que quen tivo paciencia e aguantou agora concorda comigo.
Pero bueno, non sei se xa sabes que hai 9 tipos de espectadores de Lost.
27/07/2008 23:34
Non poñer tantos post ao tempo que non podo lelos todos