Abril 27th, 2008 por cesare
Grazas á xenerosidade dos meus amigos Henri e Cimbalaria, chégame ao correo unha caixa cos tres DVDs do show de Catherine Tate, unha humorista británica que no último lustro reiventou a crítica social dende unha perspectiva moi incisiva e irreverente. E cando digo irreverente non estou pensando no humor divertido, pero zafio, de Little Britain, senón nalgo bastante máis delicado e, por iso, perigoso. Anque claro, no humor británico non pode faltar que, de cando en cando, unha vella bote peidos.
Read the rest of this entry »
Posted in UK | 1 Comment »
Marzo 2nd, 2008 por cesare
Esta semana emitiuse dende a miña pequena vila escocesa un programa de debate político, Question Time, un clásico da televisión británica que leva en antena 29 anos. 29 anos de discusión política en horario nocturno, e onde participan o pobo e as xentes desta illa. As comparacións cos encorsetados debates das televisións españolas son inevitábeis.
Read the rest of this entry »
Posted in UK | No Comments »
Xaneiro 18th, 2008 por cesare
Un post breve sobre unha intriga que me persegue dende hai anos. Por que en determinados concursos da televisión española todos os participantes veñen de territorios ao sur do eixo Barcelona-Cáceres? Tomemos por exemplo o concurso Fama - A bailar!, de Cuatro. Dos 22 concursantes, só 1 cae ao norte dese eixo: unha chavaliña que vén de Salamanca. Ao algo máis do 25% dos habitantes (e dos potenciais televidentes) correspóndenos un 4,5% dos participantes. Azar? Admito que só é un exemplo: probemos con outro: OT 2006. 16 concursantes españois, unha delas de Vigo e outra de Lleida: o 12%. Hai máis: os da wikipedia contáronos todos e distribuíronos por comunidades autónomas: dos 82 concursantes das primeiras cinco edicións de OT, 70 pertencían ao sur dese eixo, e só 12 ao resto: o 14%. Por cada vasco, houbo 24 andaluces.
Posted in España | 18 Comments »
Xaneiro 15th, 2008 por cesare
De volta ao meu país logo dun mes de bater a zoca por aí adiante, desfago as maletas, rescato algún sobrevivinte da neveira e enchúfome á televisión… Ah, canto a botei en menos!! Pra esta noite agárdame un programa dobre de realitis: un documental de base arqueolóxica (literalmente arqueolóxica) e un concurso de fotografía con flickr como patrocinador. Meudeus, canto tempo estiven fóra?
Read the rest of this entry »
Posted in UK | 1 Comment »
Decembro 17th, 2007 por cesare
Nos últimos tempos, Eurovisión, o maior acontecemento paneuropeo de carácter anual (a eurocopa de fútbol xógase só cada catro anos), vén recibindo numerosas críticas dos veteranos fans occidentais por conta dun suposto compló eslavista. Coincide iso coa aparición dun claro racismo antieslavo que se respira no oeste do continente, dende as grandes áreas urbanas da periferia madrileña ata o mito do fontaneiro polaco. O último paso, a suposta participación en Eurovisión 2008 dunha cantiga propedófila representando a Moldavia.
Read the rest of this entry »
Posted in Rede | 6 Comments »
Novembro 30th, 2007 por cesare
Hai uns meses, a prensa marxinal gratuíta (e despois a menos gratuíta) facíase eco do que estaban a argallar uns rapaces gais de Valencia: unha microserie de ficción ao xeito de Queer as folk, titulada ‘Lo que surja‘. Ou sexa, un grupiño neste caso de adolescentes que nos contan por que non ligan, cómo gravan vídeos porno e se chantaxean entre si ou que problemas teñen pra saíren do armario en familias conservadoras. A súa distribución, por suposto, unicamente a través de internet. Mais iso está a mudar.
Read the rest of this entry »
Posted in Rede | No Comments »
Novembro 19th, 2007 por cesare

O actor galego vivo máis coñecido pra alén das nosas fronteiras non é Luís Tosar, non. Chámase Carlos Leal e, ademais de actor, é un dos mc de hip hop de maior sona de Suíza, onde naceu e viviu. O seu grupo, Sens Unik, leva xa nove álbumes editados, e Leal, como actor, máis dunha ducia de filmes. Foi galardoado (ollo ao friquismo) como mellor actor no festival de cinema de Támil Nadu, na India, e como mellor actor de Suíza polo filme Brancaneves. Pero o seu papel máis importante foi o de crupier na última de James Bond, Casino Royale, converténdose así no segundo “suízo” en actuar nun filme de Bond, despois de Ursula Andress (máis friquismo). Pero… non é este un blog de tele? Efectivamente, Leal amigou co representante de Penélope Cruz, que lle deu pases especiais en ‘El Internado’, ‘Los Serrano’ e en ‘El Comisario’ e, o que é máis importante, quen conseguiu que fose un dos protagonistas de RIS Científica, o remake español de CSI que Telecinco anda a botar con non demasiado éxito.
Pero de onde será este Carlos Leal exactamente? O mapa dos apelidos do ILG ofrece como máis posíbel Vilalba ou Abadín, así que furo a partir de aí e… voilá: Moncelos, Abadín.
Posted in España | 4 Comments »
Novembro 11th, 2007 por cesare
Tiven a ocasión de facer un experimento social: poñerlles un vídeo dos Tonechos a uns rapaces escoceses e ver como reaccionaban. Quizais non tiñan o día ou quizais é que non foron capaces de entender nada, pero o seu silencio e a cara de aborrecemento foron maiúsculos. Por que un dos programas máis vistos da TVG é totalmente incomprensíbel prós estranxeiros? É iso bo ou malo? O vídeo que lles puxen é o dunha vella que foi ao xinecólogo, pero podía poñerlles calquera outro: o caso é que a súa perplexidade me serviu pra analizar qué tópicos estaban operando no sketch e en que dirección. Eles nin sabían que unha vella de negro está de loito, e que a maior parte das anciás do rural galego se disfrazan desta maneira, así que xa non debía esperar comprensión pra todos os chistes que fan os Tonechos sobre as vellas que se colan no banco ou na consulta se partimos de que o de facer cola, neste país, ten un valor moral innegociábel.
Read the rest of this entry »
Posted in TV galega vista dende o mundo | 15 Comments »
Novembro 8th, 2007 por cesare
O mércores é o día que máis horas traballo. Por iso resulta tan gratificante chegar á casa á noite, prender a tele, relaxarse e botarse a chorar. O causante é un señor idéntico a Carlos Sobera, presentador dun emocionantísimo e fermoso documental que se emite, por que non, no prime time da BBC1. Pero The Nature of Britain é moito máis ca un documental. Por iso me fai chorar.

Read the rest of this entry »
Posted in UK | 6 Comments »
Outubro 24th, 2007 por cesare
Mentres agardaba a que unhas visitas marchasen prá cama e me deixasen durmir na sala, estiven vendo un pouco póquer na Five (unha canle privada xeneralista analóxica en aberto). E pensei, por que non retransmitir na TVG campionatos de tute subhastado? Identifiquei algúns problemas pra que os tanques de pensamento lle dean ao caletre:
o póquer, na versión que se xoga prá TV, é bastante lento. Repártenselle dúas cartas a cada un dos xogadores, que miran e pousan sobre un vidro transparente, cunha cámara debaixo. Así os telespectadores coñecen todas as mans. Fan apostas, a banca saca tres cartas comúns pra que eles liguen, fan apostas de novo, e a banca saca dúas cartas máis. É un proceso lento (uns 3 minutos de xestos), onde só interveñen 13 cartas como moito (catro xogadores + banca). E ademais as cartas poden ser vistas na mesa mediante o cristaliño.
- existe un circuíto de póquer, o Grosvenor, na vida real, que funciona como un enganche: se houbese un Subhastado Galicia Tour que fose polas vilas seleccionando campións e campioas, ver despois uns paisanos barallando diante das cámaras podería resultar máis interesante.
- o póquer ten unha importante presenza no mundo virtual: o negocio do póquer en rede move moita pasta de nososeñor, e é un patrocinador xenial prás retransmisións televisivas.
Agora só hai que crear as solucións…
Posted in UK | 8 Comments »