Posts da categoría: 'UK'
publicado o Domingo, 27 de Abril, 2008 por
cesare
Grazas á xenerosidade dos meus amigos Henri e Cimbalaria, chégame ao correo unha caixa cos tres DVDs do show de Catherine Tate, unha humorista británica que no último lustro reiventou a crítica social dende unha perspectiva moi incisiva e irreverente. E cando digo irreverente non estou pensando no humor divertido, pero zafio, de Little Britain, senón nalgo bastante máis delicado e, por iso, perigoso. Anque claro, no humor británico non pode faltar que, de cando en cando, unha vella bote peidos.
Seguir lendo »
Posted in UK | 1 Comentario »
publicado o Domingo, 2 de Marzo, 2008 por
cesare
Esta semana emitiuse dende a miña pequena vila escocesa un programa de debate político, Question Time, un clásico da televisión británica que leva en antena 29 anos. 29 anos de discusión política en horario nocturno, e onde participan o pobo e as xentes desta illa. As comparacións cos encorsetados debates das televisións españolas son inevitábeis.
Seguir lendo »
Posted in UK | Sen Comentarios »
publicado o Martes, 15 de Xaneiro, 2008 por
cesare
De volta ao meu país logo dun mes de bater a zoca por aí adiante, desfago as maletas, rescato algún sobrevivinte da neveira e enchúfome á televisión… Ah, canto a botei en menos!! Pra esta noite agárdame un programa dobre de realitis: un documental de base arqueolóxica (literalmente arqueolóxica) e un concurso de fotografía con flickr como patrocinador. Meudeus, canto tempo estiven fóra?
Seguir lendo »
Posted in UK | 1 Comentario »
publicado o Xoves, 8 de Novembro, 2007 por
cesare
O mércores é o día que máis horas traballo. Por iso resulta tan gratificante chegar á casa á noite, prender a tele, relaxarse e botarse a chorar. O causante é un señor idéntico a Carlos Sobera, presentador dun emocionantísimo e fermoso documental que se emite, por que non, no prime time da BBC1. Pero The Nature of Britain é moito máis ca un documental. Por iso me fai chorar.

Seguir lendo »
publicado o Mércores, 7 de Novembro, 2007 por
orsinia

Unha avoa británica e unha galega diferéncianse, basicamente, en que unha non tingue o pelo e a outra si. Pero iso é pataca minuta se nos metemos a falar de fogóns e pucheiros. Que cociña a avoa? é unha rede social para que xentiña de todas partes enviemos as receitas das nosas abuelas, ditas ou feitas por elas mesmas.
Vale ata que cha conten por teléfono, se contas co chintófano axeitado para pasala a MP3. Se a nosa avoa é galega ao mellor se perde algún matiz na preparación do caldo, nese caso moito mellor o vídeo: ou non molaba ver unha Ermitas de Arzúa compartindo pantalla con Nana Ruth de Lancaster ou Mémée Denise de Arles?
Os que tedes avoa e videocámara, xa estades a tardar.
publicado o Mércores, 24 de Outubro, 2007 por
cesare
Mentres agardaba a que unhas visitas marchasen prá cama e me deixasen durmir na sala, estiven vendo un pouco póquer na Five (unha canle privada xeneralista analóxica en aberto). E pensei, por que non retransmitir na TVG campionatos de tute subhastado? Identifiquei algúns problemas pra que os tanques de pensamento lle dean ao caletre:
o póquer, na versión que se xoga prá TV, é bastante lento. Repártenselle dúas cartas a cada un dos xogadores, que miran e pousan sobre un vidro transparente, cunha cámara debaixo. Así os telespectadores coñecen todas as mans. Fan apostas, a banca saca tres cartas comúns pra que eles liguen, fan apostas de novo, e a banca saca dúas cartas máis. É un proceso lento (uns 3 minutos de xestos), onde só interveñen 13 cartas como moito (catro xogadores + banca). E ademais as cartas poden ser vistas na mesa mediante o cristaliño.
- existe un circuíto de póquer, o Grosvenor, na vida real, que funciona como un enganche: se houbese un Subhastado Galicia Tour que fose polas vilas seleccionando campións e campioas, ver despois uns paisanos barallando diante das cámaras podería resultar máis interesante.
- o póquer ten unha importante presenza no mundo virtual: o negocio do póquer en rede move moita pasta de nososeñor, e é un patrocinador xenial prás retransmisións televisivas.
Agora só hai que crear as solucións…
publicado o Martes, 23 de Outubro, 2007 por
cesare
Só tes que demostrar o que valen os teus proxectos. O programa Dragon’s Den, da BBC, conseguiu a incríbel forma de combinar emprendemento empresarial, realiti, e que ademais sexa moooi divertido. Cinco investidores privados teñen unha certa cantidade de diñeiro pra meter en proxectos (mormente inventos) que lles enchan o ollo. Os inventores compiten por convencer uns implacábeis investidores que, loxicamente, lles fan todo tipo de preguntas, moitas delas esmagadoras, sobre a viabilidade do proxecto: teño fontes que din que eses experimentos de baleiro xa se conseguiron en Xapón hai dez anos, é verdade? posúe vostede a patente pró mercado internacional? e quen diaño querería un motor eléctrico que funcionase con cacao? E os investidores, ademais, compiten entre eles porque, claro, queren facerse ricos, e botan farois, e pican os outros pra que aposten todo por unha máquina pra limpar sandalias.