O fito pop máis grande da historia cumpre 25 anos. Coma o día do incidente do 11-S, todos lembramos onde e cando descubrimos que estabamos ante un acontecimiento histórico inigualable. Eu, de volta do Colexio Franciscanos a casa. Nunha zapatería na rúa da Raíña de Lugo poñían tuentiforseven o vídeo en cuestión. A xente agolpábase no escaparate como se fose a última vez. Un puto éxito como non recordo na miña vida. Cando pasou a moda puxeron outros vídeos dos 80, pero xa non era o mesmo. Anos máis tarde a zapatería pechou.
publicado o Luns, 24 de Decembro, 2007 por orsinia
E se a alguén non lle entran ganas de botarse á rúa, ou cando menos un mínimo espírito de nadal ao ver isto, é que non ten remedio. Nin entrañas nin corazón.
Felices festas. No 2008 queremos vervos a todos bailar.
publicado o Luns, 19 de Novembro, 2007 por orsinia
E atención á noticia da semana: hai uns días comentabamos aí á dereita que os creadores de Trinta e Tantos e Esta é a miña vida pasaban da industria televisiva e facían unha serie só para internet. Pois pouco lles durou o enfado, porque a NBC acaba de anunciar a compra de Quarterlife logo de que se emitisen tan só 3 capítulos na rede. A serie pasará dos 8 minutos por capítulo en MySpace aos 42 necesarios para un broadcasting convencional. Non deixa de ser irónica esta viraxe de perrencha a pelotazo en menos dunha semana, e mesmo ten un certo cheiro a operación de marketing, en plena folga de creadores. Pero si que supón un gran chanzo para demostralle á industria que ten por diante unha chea de posibilidades.
Aquí tedes o primeiro capítulo. De novo, o videoblogueo marca o estilo da serie. E como me mola que a prota teña un portatil igualiño ao que está publicando este post.
Este vídeo ten triple interese: 1) Coñecer de maneira clara e exemplificadora as razóns dos guionistas de Hollywood para iren á famosa folga. 2) Coñecer as caras e as voces -e as nais- dos que argallan algunhas das nosas series favoritas. Neste caso, Damon Lindelof (Lost) e Marc Cherry (Desperate Househives). Veñen dicindo algo coma isto:
Damon Lindelof: Ola, son Damon Lindelof, de Lost.
Marc Cherry: Son Marc Cherry, creador de Desperate Housewives.
D: Estamos aquí para facer un piquete diante da ABC, en Disney Road, porque cremos que os guionistas merecemos un contrato xusto. O mundo está cambiando e de aquí a cinco anos a única forma de ver televisión na túa casa será internet, e queremos manter o noso gremio vivo, quitando peniques dos dólares, con pequenos dereitos a cambio do noso traballo cando a xente os descarga.
M: A ABC fixo un traballo marabilloso creando ABC.com, onde ti podes simplemente ir e descargar un episodio case inmediatamente despois de ser emitido. Eles teñen publicidade en ABC.com, polo que fan cartos con isto, mentres que o guionista dese episodio en particular non recibe un peso.
VIVIMOS DOS NOSOS DEREITOS, MARC CHERRY HAI 7 ANOS
M: Estaba arruinado, pedíndolle cartos a miña nai. Algunha das persoas que non me contrataron están neste piquete e estou tentando manter a cordura na miña charla.
D: Eu tamén lle pedín cartos á nai de Marc.
M: Si, é unha señora moi xenerosa, teño que matela encerrada.
D: Si, é un bo partido. A realidade é que dentro de 5 anos no noso cuarto de estar haberá unha pantalla, que estará conectada a unha caixa. E iso é o que basicamente che vai proporcionar toda a túa televisión e películas. Agora esa caixa chámase DirecTV, ou TiVo, ou o que sexa. En cinco anos chamarase internet.
3) A última frase, que non é futuroloxía senón un convencemento o suficientemente real como para poñerse en folga. Aquí formular estas cuestións ante xente que pensa como hai un lustro pode chegar a ser frustrante, pero paciencia, que cinco anos pasan nun santiamén. E ademais o movemento só se demostra andando.
'Aló, aló!' será 'Guten Tag' A divertida comedia británica dos anos 80, agora emitida (e traducida) por primeira vez en Alemaña
Os galegos, os españois que menos tele ven Os resultados dun estudo sobre consumo de televisión en 2007 realizado pola Asociación de Investigación en Medios de Comunicación (AIMC).
'Aída', de récord A serie segue a bater récords de audiencia a pesar da súa duración: o cóctel de puta, parvo de aldea, neno malote, preadolescente gai, dono de bar facha, tendeiro intelectual e chacha traballadora funciona en España
Os concursos-realitis sobre teatro... enchen os teatros No Reino Unido houbo estes meses un concurso de televisión pra facer o casting dun musical. A consecuencia, o aumento xeneralizado das recadacións en todo o teatro británico. Alguén da Conse de Cultura está abonado ao Teleclube?