Queres unirte ao teleclube?

Posts co tag: abc

Season Finale

Quedan menos de dúas semanas para vermos o season finale máis agardado dos últimos tempos (e non é o derradeiro, que quedan outras dúas temporadas por diante adeusgrazas), que é There’s No Place Like Home, part 2 and 3, da mellor serie dramática da historia. Por fin nos atrevemos a dicir isto, con permiso dos Soprano.

Oceanic 6

Maneiras de levar a espera?  Podemos pensar que cociñar ese venres pola noite ou ler algunha das reviews de There’s No Place Like Home, part 1. Recomendo a de James Poniewozik na Time, a do New York Magazine e sobre todo a do Entertainment Weekly, publicación que me levou a unha estupenda fotogalería onde se repasan os mellores season finales das series americanas. Encantoume recordar unha que foi especialmente impactante na miña infancia: aquela de Dinastía na que Amanda casa co príncipe de Moldavia e no medio da voda entran uns terroristas e matan (en apariencia) a todo quisque. Dende aquela para min pensar en Moldavia era sinónimo de estremecemento. Até que chegou o Numa Numa Iei.

Moldavian Massacre

Por último tamén quixera aproveitar estes días para ver se son capaz de ler e entender de todo a Time Loop Theory, para ver a onde carallo acabará John Locke movendo a illa, se é que o consegue. Saberémolo o 29 de maio. Mentres, non me queda outra que seguir pensando, pois a ocasión ben o merece: que facer ese día para cear?

Tags: ,

Mockumentary meets High School

E dá como resultado Summer Heights Light, a telecomedia (como me gusta esta palabra) que arrasou este outono en Australia, da man da ABC. Como dicimos no título, esta serie xunta a parodia de calquera serie de instituto co falso documental ao estilo de The Office ou Larry David. Se a isto lle sumamos o xenio dun actor capaz de interpretar os tres protagonistas, unha realización moi próxima aos videoblogs de adolescentes, e un propio videoblog no sitio oficial da serie, temos un hype seguro. E un camiño que non tardarán moito en experimentar as televisións de aquí, a ver con que sorte.

Para afondar no concepto aproveiten os dez magníficos exemplos que puxeron esta fin de semana no ADN para celebrar a estrea de Redacted.

Tags: , , , , , , ,

Perdidos e desesperados

Este vídeo ten triple interese: 1) Coñecer de maneira clara e exemplificadora as razóns dos guionistas de Hollywood para iren á famosa folga. 2) Coñecer as caras e as voces -e as nais- dos que argallan algunhas das nosas series favoritas. Neste caso, Damon Lindelof (Lost) e Marc Cherry (Desperate Househives). Veñen dicindo algo coma isto:

Damon Lindelof: Ola, son Damon Lindelof, de Lost.

Marc Cherry: Son Marc Cherry, creador de Desperate Housewives.

D: Estamos aquí para facer un piquete diante da ABC, en Disney Road, porque cremos que os guionistas merecemos un contrato xusto. O mundo está cambiando e de aquí a cinco anos a única forma de ver televisión na túa casa será internet, e queremos manter o noso gremio vivo, quitando peniques dos dólares, con pequenos dereitos a cambio do noso traballo cando a xente os descarga.

M: A ABC fixo un traballo marabilloso creando ABC.com, onde ti podes simplemente ir e descargar un episodio case inmediatamente despois de ser emitido. Eles teñen publicidade en ABC.com, polo que fan cartos con isto, mentres que o guionista dese episodio en particular non recibe un peso.

VIVIMOS DOS NOSOS DEREITOS, MARC CHERRY HAI 7 ANOS

M: Estaba arruinado, pedíndolle cartos a miña nai. Algunha das persoas que non me contrataron están neste piquete e estou tentando manter a cordura na miña charla.

D: Eu tamén lle pedín cartos á nai de Marc.

M: Si, é unha señora moi xenerosa, teño que matela encerrada.

D: Si, é un bo partido. A realidade é que dentro de 5 anos no noso cuarto de estar haberá unha pantalla, que estará conectada a unha caixa. E iso é o que basicamente che vai proporcionar toda a túa televisión e películas. Agora esa caixa chámase DirecTV, ou TiVo, ou o que sexa. En cinco anos chamarase internet.

3) A última frase, que non é futuroloxía senón un convencemento o suficientemente real como para poñerse en folga. Aquí formular estas cuestións ante xente que pensa como hai un lustro pode chegar a ser frustrante, pero paciencia, que cinco anos pasan nun santiamén. E ademais o movemento só se demostra andando.

Tags: , , , , ,