Queres unirte ao teleclube?

Posts co tag: cinema Telecinco

Tosar? Quen é Tosar?

Carlos Leal

O actor galego vivo máis coñecido pra alén das nosas fronteiras non é Luís Tosar, non. Chámase Carlos Leal e, ademais de actor, é un dos mc de hip hop de maior sona de Suíza, onde naceu e viviu. O seu grupo, Sens Unik, leva xa nove álbumes editados, e Leal, como actor, máis dunha ducia de filmes. Foi galardoado (ollo ao friquismo) como mellor actor no festival de cinema de Támil Nadu, na India, e como mellor actor de Suíza polo filme Brancaneves. Pero o seu papel máis importante foi o de crupier na última de James Bond, Casino Royale, converténdose así no segundo “suízo” en actuar nun filme de Bond, despois de Ursula Andress (máis friquismo). Pero… non é este un blog de tele? Efectivamente, Leal amigou co representante de Penélope Cruz, que lle deu pases especiais en ‘El Internado’, ‘Los Serrano’ e en ‘El Comisario’ e, o que é máis importante, quen conseguiu que fose un dos protagonistas de RIS Científica, o remake español de CSI que Telecinco anda a botar con non demasiado éxito.

Pero de onde será este Carlos Leal exactamente? O mapa dos apelidos do ILG ofrece como máis posíbel Vilalba ou Abadín, así que furo a partir de aí e… voilá: Moncelos, Abadín.

Tags: , ,