publicado o Martes, 23 de Outubro, 2007 por
orsinia

Atopeino de casualidade despois de que Cesare me falase do blog de Mil Ribeiras. Son as dúas incorporacións blogueiras deste ano no que á CRTVG se refire, e dámoslles calurosa benvida. O de Alalá ten todo o que ten que ter: contido de sobra ordenado temporalmente, información de cada programa e enlace para repescar os programas vellos. Non lles pedimos máis, só que outros programas bulan un pouco tomando o exemplo.
Gardado en TV galega vista dende o mundo | Sen comentarios »
publicado o Sábado, 6 de Outubro, 2007 por
orsinia

Unha vila de Langenthal, no cantón de Berna, protagoniza un docu-soap no que 550 veciños teñen como obxectivo baixar 3 toneladas e media nas semanas que dure o programa. E para iso terán que pasar diferentes probas físicas e sicolóxicas, ademais de convivir co equipo da televisión, que acaba tendo unha complicidade con eles total, e iso quizais sexa o máis bonito desta historia. O resultado puido verse a primavera pasada na SF1 cun gran éxito. E, igual que aquí os realities teñen confesionario ou cámara diario para que os concursantes deixen alí as súas miserias, en “Village on a diet” teñen frigocámara, e está moi ben.




Gardado en Suíza | Sen comentarios »