Queres unirte ao teleclube?

Posts co tag: motor

Galicia Ras en “Miro”

Todo aquel teleclubeiro/a que se prece debe ter a estas alturas instalado o Miro (antes Democracy Player), un reprodutor de tv na rede baseado en software libre, que ademais de baixar por suscrición RSS todo canto vídeo che apeteza ver (youtube e googlevideo incluídos) permite que ti engadas o teu propio programa ou video blog, poñéndoo ao mesmo nivel de accesibilidade que a HBO ou o National Geographic, por poñer un exemplo de grandes canles que xa decidiron estar aí.

Se buscamos por Galicia, Galiza ou galego todo o que nos atopamos é unha proba fallida que fixo o blogueiro Dorfun hai uns meses e, oh sorpresa, o programa de motor da TVG. Trátase de Galicia Ras, un dos espazos máis seguidos pola ampla afección ao motor galego. E un claro exemplo de como os programas-nicho dunha televisión xeralista poden ter un grande percorrido máis alá do clásico broadcasting. Ao tubo e á mula me remito.

O programa está guai. Velaquí un spot protagonizado polo meu compi da facultade Carlos García-Verdugo, que é quen presenta o programa. Non proben a imitalo nas súas eiras.

Xa tedes unha suscritora máis no Miro, compañeiros.

Tags: , , , ,