The Tonechos’ Show
Tiven a ocasión de facer un experimento social: poñerlles un vídeo dos Tonechos a uns rapaces escoceses e ver como reaccionaban. Quizais non tiñan o día ou quizais é que non foron capaces de entender nada, pero o seu silencio e a cara de aborrecemento foron maiúsculos. Por que un dos programas máis vistos da TVG é totalmente incomprensíbel prós estranxeiros? É iso bo ou malo? O vídeo que lles puxen é o dunha vella que foi ao xinecólogo, pero podía poñerlles calquera outro: o caso é que a súa perplexidade me serviu pra analizar qué tópicos estaban operando no sketch e en que dirección. Eles nin sabían que unha vella de negro está de loito, e que a maior parte das anciás do rural galego se disfrazan desta maneira, así que xa non debía esperar comprensión pra todos os chistes que fan os Tonechos sobre as vellas que se colan no banco ou na consulta se partimos de que o de facer cola, neste país, ten un valor moral innegociábel.