Barcelona - Cáceres
Un post breve sobre unha intriga que me persegue dende hai anos. Por que en determinados concursos da televisión española todos os participantes veñen de territorios ao sur do eixo Barcelona-Cáceres? Tomemos por exemplo o concurso Fama - A bailar!, de Cuatro. Dos 22 concursantes, só 1 cae ao norte dese eixo: unha chavaliña que vén de Salamanca. Ao algo máis do 25% dos habitantes (e dos potenciais televidentes) correspóndenos un 4,5% dos participantes. Azar? Admito que só é un exemplo: probemos con outro: OT 2006. 16 concursantes españois, unha delas de Vigo e outra de Lleida: o 12%. Hai máis: os da wikipedia contáronos todos e distribuíronos por comunidades autónomas: dos 82 concursantes das primeiras cinco edicións de OT, 70 pertencían ao sur dese eixo, e só 12 ao resto: o 14%. Por cada vasco, houbo 24 andaluces.