publicado o Martes, 15 de Xaneiro, 2008 por
cesare
De volta ao meu país logo dun mes de bater a zoca por aí adiante, desfago as maletas, rescato algún sobrevivinte da neveira e enchúfome á televisión… Ah, canto a botei en menos!! Pra esta noite agárdame un programa dobre de realitis: un documental de base arqueolóxica (literalmente arqueolóxica) e un concurso de fotografía con flickr como patrocinador. Meudeus, canto tempo estiven fóra?
Sigue lendo este post »
Gardado en UK | 1 Comentario »
publicado o Martes, 23 de Outubro, 2007 por
cesare
Só tes que demostrar o que valen os teus proxectos. O programa Dragon’s Den, da BBC, conseguiu a incríbel forma de combinar emprendemento empresarial, realiti, e que ademais sexa moooi divertido. Cinco investidores privados teñen unha certa cantidade de diñeiro pra meter en proxectos (mormente inventos) que lles enchan o ollo. Os inventores compiten por convencer uns implacábeis investidores que, loxicamente, lles fan todo tipo de preguntas, moitas delas esmagadoras, sobre a viabilidade do proxecto: teño fontes que din que eses experimentos de baleiro xa se conseguiron en Xapón hai dez anos, é verdade? posúe vostede a patente pró mercado internacional? e quen diaño querería un motor eléctrico que funcionase con cacao? E os investidores, ademais, compiten entre eles porque, claro, queren facerse ricos, e botan farois, e pican os outros pra que aposten todo por unha máquina pra limpar sandalias.
Gardado en UK | 1 Comentario »
publicado o Sábado, 6 de Outubro, 2007 por
orsinia

Unha vila de Langenthal, no cantón de Berna, protagoniza un docu-soap no que 550 veciños teñen como obxectivo baixar 3 toneladas e media nas semanas que dure o programa. E para iso terán que pasar diferentes probas físicas e sicolóxicas, ademais de convivir co equipo da televisión, que acaba tendo unha complicidade con eles total, e iso quizais sexa o máis bonito desta historia. O resultado puido verse a primavera pasada na SF1 cun gran éxito. E, igual que aquí os realities teñen confesionario ou cámara diario para que os concursantes deixen alí as súas miserias, en “Village on a diet” teñen frigocámara, e está moi ben.




Gardado en Suíza | Sen comentarios »
publicado o Venres, 5 de Outubro, 2007 por
orsinia
Ter unha canle en Youtube non custa nada. Refírome a cartos. Colgar vídeos alí leva pouco tempo. E facelos, para unha produtora ou canal de televisión xeralista, non debería ser un problema. Por iso, porque é gratis (la pela es la pela, pero anque non fora), a Televisió de Catalunya non ten inconveniente en colgar os vídeos que fagan falta para promocionar os seus programas-estrela. Non miro a ninguén, pero non é tan difícil tomar exemplo.
Nin, insisto, tan caro.
Por outro lado, vin algo da estrea da Masía e pareceume máis aburrida cá nosa casa. Pero claro, en catalán non se pillan todos os matices.


En andaluz directamente non se pilla nada.
Gardado en Outras autonómicas, Rede, TV galega vista dende o mundo | 2 Comentarios »