publicado o Sábado, 19 de Xaneiro, 2008 por
granmimon
O fito pop máis grande da historia cumpre 25 anos. Coma o día do incidente do 11-S, todos lembramos onde e cando descubrimos que estabamos ante un acontecimiento histórico inigualable. Eu, de volta do Colexio Franciscanos a casa. Nunha zapatería na rúa da Raíña de Lugo poñían tuentiforseven o vídeo en cuestión. A xente agolpábase no escaparate como se fose a última vez. Un puto éxito como non recordo na miña vida. Cando pasou a moda puxeron outros vídeos dos 80, pero xa non era o mesmo. Anos máis tarde a zapatería pechou.
Nunca aprendín a bailar Thriller. Cravo o Moonwalker.
Gardado en USA | 1 Comentario »
publicado o Martes, 13 de Novembro, 2007 por
orsinia
Nestes días de cineuropas e ceas rápidas decidín meu kebab favorito de Santiago é o Ankara, que está na Rúa Nova de Abaixo. Porque ten uns camareiros moi simpáticos, porque son os que máis vexetais lles botan ao döner, e porque sempre que vou teñen posta a MTV India, ou algún DVD de estilo similar. Quedo embobada vendo esas bailes ultramodernos e ultraindios, eses cantantes ultraguapos e megamaqueados que copiarán todo o que queiras os da MTV ianqui, pero seguen mantendo, cómo dicilo, ese feito diferencial…
Afondaremos no mellor e no peor da tv india, pero queremos comezar poñéndovos todo un clásico do Youtube:
Gardado en India | 1 Comentario »