Queres unirte ao teleclube?

Posts co tag: youtube

YouEmbedTube

Este post é para ver como funciona YouEmbedTube, un sitio novo que permite crear un carrusel de 3 a 8 vídeos baseados nun tag de Youtube, creado, por un sobriño de Julián Gallo e mais un colega.

No exemplo, unha lista cos vídeos que aparecen se poño o tag “lugo”.

A aplicación en si non é para tanto, pero grazas a ela descubrín un vídeo que me ten entusiasmada: esta actuación das Spice Girls na miña cidade. As clons das cantantes (?) británicas escolleron para tan xeitoso videoclip localizacións que van das Termas ás costas do parque.

Lugo’s got talent

Tags: , , ,

A cociña da avoa

Grandma

Unha avoa británica e unha galega diferéncianse, basicamente, en que unha non tingue o pelo e a outra si. Pero iso é pataca minuta se nos metemos a falar de fogóns e pucheiros. Que cociña a avoa? é unha rede social para que xentiña de todas partes enviemos as receitas das nosas abuelas, ditas ou feitas por elas mesmas.

Vale ata que cha conten por teléfono, se contas co chintófano axeitado para pasala a MP3. Se a nosa avoa é galega ao mellor se perde algún matiz na preparación do caldo, nese caso moito mellor o vídeo: ou non molaba ver unha Ermitas de Arzúa compartindo pantalla con Nana Ruth de Lancaster ou Mémée Denise de Arles?

Os que tedes avoa e videocámara, xa estades a tardar.

Tags: , , , ,

O estado das cousas

 

“É estupendo permitir que os usuarios se expresen cos nosos contidos”.

Jason Killar, director executivo de Hulu.

A televisión pouco a pouco cae da burra. Ata tal punto que dous competidores directos como NBC (General Electric) e FOX (News Corporation) sacan adiante un proxecto con intención de ser xigante. A idea de HULU é poñer a disposición dos internautas os contidos destas canles para que sexan distribuídos en blogs, correos electrónicos, enlaces ou o que sexa, e competir co Youtube como se youtube fose só un servicio de vídeo. Hulu presume de ter cartos, medios, contidos de calidade, e resolución para poñer nun plasma e flipar. O único que lle falta é convencer a Disney (ABC) e algunhas máis para que vendan os seus programas ao proxecto Hulu. ABC ten intención de facer importante o seu portal (abc.com) colgando alí vídeos en alta calidade, e a CBS está con AOL.com e Joost, unha televisión online entendida como tele á vella usanza, con canles, moita publicidade e entretemento ao estilo da MTV de hoxe. De feito, sería a plataforma ideal para a MTV, e esa cousa que quere sacar adiante entendido como multiplataforma de entretemento, un concepto moi fácil de vender a un directivo pero unha carallada para o espectador.

Halloweentube

Youtube, que sabe que cada vez lle saen competidores máis avanzados (como stage6), está trabajandoenellou. Promete que, en breve, os seus vídeos poderán verse en pantalla completa e así facer realidade o soño do internatua. Youtube ten dúas vantaxes nesta carreira de obstáculos que explotará no 2008:

1. É máis ca unha marca. É un concepto televisivo entendible por calquera cidadán do mundo. Todos os novos compáranse con Youtube para decir que son máis guapos, máis altos e máis ricos, pero cada vez que un competidor se compara contigo é que está mirándose no teu espello.

2. O éxito de youtube non está tanto no servicio de vídeo por internet senón na web 2.0. O youtube triunfa en vídeos curtos e, sobre todo, que non se verían se non existise. Todas as televisións para internet do futuro non deixan de intentar trasladar o seu modelo de negocio a internet no canto de crear un modelo novo, como fixo o noso querido youtube.

Killar ten razón na súa afirmación: o estupendo é “permitilo”, porque o outro xa o facíamos desde que existe Youtube, aínda que nos dicían que era pecado. A min agora sáeme esto para expresarme:

Actualización: O blog de hulu di que esta semana empezarán a distribuír contidos cos seus socios: AOL, Comcast, MSN, Myspace e Yahoo.

Tags: , ,