Únete!
Teleclube é unha mirada colectiva á televisión de todo o mundo, feita por galegos que viven en calquera parte do globo, incluída Galiza. Somos uns cantos pero queremos ser máis. Se queres participar non fai falta un gran compromiso, abonda con que nos escribas a teleclube@gmail.com, e nos fales da televisión que ves. Publicaremos todos os posts que nos parezan interesantes.
UPDATE: Estamos no Facebook!